De como non por seres galego deixase de ser internacional
Hoxe é un dia caralludo, e non o digo pola foliada que tivemos na casa onte a noite, e todo o que sobrou. Nen por disfrutar dun dia en que se pode ser preguiceiro sen ter que darlle voltas a cabeciña por todo. Nen sequera polo de facerse mais maduro, mais sabio, mediante a tradicional recolleita de anos na colección particular. Hoxe é o Dia das Letras Galegas, asi que moitos parabéns a todas e cada unha delas. Especialmente a miña favorita, ti xa sabes quen es.
Moito se fala dos Galegos, que non se sabe nin se suben ou baixan, que non deixan as cousas claras dabondo. Que lle imos facer… O que si temos é unha boa cultura (agricultura maiormente, mais non é a única), e a nosas lenguas: o galego pra falar entre nos e a de cada un pra falar das marabillas da nosa terra. Eu xa levo tempo de emigrado (cousa tamen moi da nosa terriña), e inda que non esquezo a lingua mai, echeme mais doado trabucarme. Iso si, non vos hai ninguén que non saiba que son da Galicia, por onde queda iso, e que sí, somos parte da España esa mais nen temos sol, nen paella, nen touros, nen flamenco, nen tantas outras cousas. E que non precisamos delas, que temos o que temos, e ben que estamos. A xente coa que teño vivido xa coñece os praceres das zamburiñas, do queixo de tetilla, do licor café, do licor de herbas, da crema de orujo, do Alvariño. E dende onte, unha morea de xente de oito paises distintos, a nosa Estrella Galicia. Si, si, si! Atopei un sitio onde podo mercar o tan preciado néctar. Algunha bágoa que outra da emoción, e pouco lle faltou pra votar un aturuxo!
Sí, son galego coma o que mais, e teño morriña. Pero tamén son español. E por circunstancias da vida, estou collendo algo de inglés, de alemán e incluso de brasileiro. Todos teñen as suas cousas boas e malas, asi que estou tentando quedar co millor de cada casa, inda que a cousa non é doada: coñezo brasileiros sen ningún sentido do ritmo, os ingleses teñen tanta puntualidade coma educación, os alemanes non gostan da improvisación que tanto me ten axudado, e dos da casa millor nin falo.
Por hoxe, dabondo. Pero voltarei a contarvos algo, que hoxe as protagonistas son as letras, pero tamen foi un dia importante para as ciencias, e contareivos as andanzas deste milhomes que ten o seu laboratorio particular nunha illa lonxana do seu lar.
Bicos e apertas, meus. Ei Carballeira!
Solete

E que cando queres…. que dominio do idioma, que maneira de escribir, que que… que tal? Ese: ei carballeira!! final no deja de emocionarme, de devolverme a mis origenes, me trae imagenes a la mente, garrafa de 5 litros con calimocho, chandal listo para arrolar por la carballeira,pollo con setas, minitoallas atadas a la cintura… POR QUE NO GIRAS AL CONTRARIO MALDITO RELOJ!!! (pero con pasta eh! y no solo con albondigas! (aaaaaaaggghhhh pasta con albondigas…))
saludos meu
Hola willy, estoy mirando vuelos, si encuentro una ganga igual tiro para ahí en un par de dias, ponte en contacto conmigo YAAAAA!!!!!